O vindeiro Sábado 17 de Abril (Día da Luita Labrega) celebrarase en Madrid a II Manifestación Estatal contra os Transxénicos, convocada por Plataforma Rural e Greenpeace. A Plataforma Galega Antitranxénicos apoia a convocatoria. De Compostela sairá a noite de 16 para 17 de Abril (ás 3:00 da mañá) un bus gratuíto. Para se apontar cumpre telefonar para 981 554 147 ou 680 118 479 ou escreber para nacional(a)sindicatolabrego.com.
A semana anterior á manifestación estará dedicada tamén á celebración de actos a favor dunha agricultura e unha alimentación libres de organismos modificados xeneticamente. Así, en Galiza temos:
- Sexta-feira 9 de Abril: Debate sobre as consecuencias ambientais e na alimentación dos transxénicos. Será ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns (Ames, Concello declarado Zona Libre de Transxénicos en 2008).
- Sábado 10 de Abril: Feira e Xantar pola Soberanía Alimentar e Contra os Transxénicos organizados pola ISAP. A feira será de 10:00 a 14:00 horas na Praza do Toral de Santiago de Compostela. O xantar, elaborado pola asociación de labreg@s Lentura, será ás 14:30 no local da Troita Armada (Rúa do Pombal 18) e terá un prezo aproximado de 12 € (cumpre anotarse antes —até 6 de Abril— escrebendo para info(a)soberaniaalimentar.info).






