Os OMX (Organismos Modificados Xeneticamente), tamén coñecidos como transxénicos, teñen graves impactos sociais, ambientais e sobre a saúde. Algúns deles teñen como destino, directo ou indirecto, a nosa alimentación. Os transxénicos destinados a alimentación son fundamentalmente variedades de millo e soia. O millo e a soia están presentes en máis do 60% dos alimentos transformados que consumimos e fan parte da alimentación do gando.
Desde Abril de 2004 a UE obriga a etiquetar os produtos que conteñan por riba do 0'9% de OMX, mais non os produtos derivados de animais alimentados con transxénicos (principal destino dos OMX en Europa).
- Lé as etiquetas (e lembra que "amido modificado" non fai referencia a "modificado xeneticamente")
- Consulta a Guía Vermella e Verde de Greenpeace
- Evita consumir carne, leite e ovos que non sexan de produción biolóxica
- Promove a declaración de Zonas Libres de Transxénicos
- Non esquezas que tamén hai transxénicos non destinados á alimentación, como o algodón
- Acode á manifestación estatal contra os transxénicos que se celebrará 18 de Abril en Zaragoza
- Difunde información e organízate! Podemos vivir sen devorar o planeta e o futuro!






