A mocidade da Coordenación Europea da Vía Campesina está a organizar un campamento europeu no que xuntar xente nova que se quera estabelecer no campo, mocidade labrega con ou sen terra e xovens con interese na soberanía alimentar. O campamento será nunha granxa colectiva en Minerve, Franza, de 30 de Setembro a 4 de Outubro de 2009. A organización será asemblear e existe a posibilidade de propor obradoiros.
Máis información no web Reclaim the Fields e no enderezo-e Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
Fonte: ISAP





