
Xa están aquí as IV Xornadas de Agroecoloxía de Ourense, organizadas por Amarante, Amigos da Terra, A Esmorga, Semente e Verdegaia coa colaboración de Anacos da Cidade, Cine-Clube Padre Feijóo, Escola de Arte Faílde, Faculdade de Ciencias do Cámpus de Ourense e Teatro Principal. Desenvolveranse entre os días 20 e 27 de Febreiro.
Doutra banda, 27 e 28 de Febreiro celebraranse en Santiago de Compostela as Xornadas Galegas de Soberanía Alimentar, organizadas pola ISAP (Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos) con financiamento da Cooperación Galega. Serán no Salón de Actos da Faculdade de Filosofía da USC, situada na Praza de Mazarelos. Nesta Praza, ademais, haberá unha Feira pola Soberanía Alimentar Domingo 28 de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
Para unha mellor organización das Xornadas de Soberanía Alimentar prégase confirmación de asistencia en info(a)sobreaniaalimentar.info





