"TRES HISTORIAS, UN VASO DE LEITE" de Pablo Fraguas e Álvaro Porro céntrase nunha causa cotiá dos problemas ambientais: os modelos agrícola e gandeiro e o tipo de consumo alimentario que xeran. Viaxamos para coñecer as historias que pode haber detrás de, por exemplo, un vaso de leite. Historias que nos contarán os seus protagonistas: Jorge (un campesiño paraguaio), Modesto e Alicerce (uns gandeiros cántabros); Alex (consumidor de Barcelona), Alí (un campesiño colombiano)... . No último bloque serán as alternativas as que tomen a palabra.. Directo e sen filigranas, este vídeo representa unha perspectiva integradora do medio ambiente, onde os problemas sociais e ambientais retroaliméntanse.
Fonte: Opcións





