"Nós Alimentamos o Mundo" traslada á sociedade unha mirada certeira sobre a capacidade que ten o capitalismo para transformarnos en devoradores do planeta e de nós mesmos. Un percorrido sorprendente sobre os modos de produción alimentaria e as formas de consumo, tras o que emerxen as consecuencias arroxando un dramático saldo.
"Desde o principio pensaramos facer un documental detallado sobre os mercados de Viena. Cando chegou o momento de escribir o guión ou facer o tratamento para esta película, vagué polos mercados da cidade e pensei: que teñen de interesante os mercados? E o único que me interesaba a min eran os produtos. De onde proveñen? A idea orixinal era empezar no mercado máis famoso de Viena, o Naschmarkt, e botar unha ollada detrás das cortinas. De onde vén todo iso, de onde veñen os tomates e os demais produtos? De feito, empezamos cos tomates. Puxémonos a investigar e así acabamos en España. Simplemente empezamos coa historia dos tomates" di Erwin Wagenhofer, o director da película. (Fonte: Ecologistas TV)





