"Copier-Coller | Copy and Clone" é unha curta de animación de Louis Rigaud, Diplomado Nacional Superior de Expresión Plástica pola École supérieure des Arts décoratifs de Estrasburgo. Tres minutos e meio de abordaxe, en chave de humor, a boa parte dos riscos e problemas asociados á combinación de industria agroalimentar e biotecnoloxía: produción industrializada, intensificación, perda de diversidade xenética, clonación, patentes sobre a vida, andazos, sobremedicación...
Copier coller | Copy and clone from louis rigaud on Vimeo.





