Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Saturday
Feb 04th
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Alimentación Multimedia Organopónico! Unha revolución agrícola

Organopónico! Unha revolución agrícola

Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 

organoponicoA desintegración da URSS e a desaparición do "Bloque Socialista" supuxo a entrada de Cuba no coñecido como "Período Especial", unha crise causada pola falta de petróleo e os seus derivados, así como pola perda do groso do comercio exterior, que fixo escasear os alimentos. Neste contexto nasceron os "organopónicos", hortas urbanas de produción biolóxica levantadas por toda a cidade da Havana. Hoxe son máis de 7.000 en toda Cuba, a maior iniciativa de horticultura urbana do mundo.

O 8% do territorio da Havana é utilizado para subministrar á populación desta cidade máis do 90% das fruitas e vexetais que consome, e isto faise ademais cun sistema xerido pola viciñanza, sustentábel, xerador de emprego digno, que fai a cidade máis agradábel e achega alimentos de alta cualidade a mui bons prezos. A curta documental "Organopónico! Unha revolución agrícola", da produtora británica Puddle Pictures, apreséntanos esta exitosa experiencia da mao das persoas que a fan posíbel.

Vía: The Ecologist

ORGANOPONICO! An Agricultural Revolution from Puddle Pictures on Vimeo.