Eric Holt-Giménez, director executivo de Food First estivo coa ISAP en Galiza os pasados 25 e 26 de Novembro. Falou en Lugo, en Compostela e na Coruña sobre a crise alimentar global e a alternativa da soberanía alimentar.
Hai uns meses era outra a crise da que se falaba, a dos prezos dos alimentos. 2007-2008 foi, é, tempo de marcas históricas: colleita récord, beneficios récord para a agroindustria… e fame récord. O mercado “libre” e a produción e comercialización agroindustrial de alimentos deixaron o sistema alimentar nunha situación de alta vulnerabilidade.
A chamada Revolución Verde aumentou a produción de alimentos na mesma proporción que a de persoas que padecen fame, e quen pasa fame son na súa maioría labregas e labregos. A crescente fame non é debida á escaseza de alimentos, producimos máis dos que necesitamos, a causa está nun sistema que concentra os recursos (sementes, auga, terra…) en poucas maos, que destrue a agro-biodiversidade, que está deseñado para beneficiar a unha minoría da humanidade, non para a alimentar a ela toda…
Lé o artigo completo en ISAP




