O Grupo ETC publicou o seu novo informe de 55 páxinas De quen é a natureza? acerca da concentración do poder das corporacións sobre os alimentos, a actividade agrícola, a saúde e a estratexia en marcha para volver mercancía todos os recursos naturais que quedan sobre o planeta. O Informe pódese descargar desde hoxe neste enlace.
Nun mundo en que as investigacións de mercado son cada vez máis custosas e secretas, o Grupo ETC dá nomes, revela a repartición dos mercados e brinda información sobre as 10 principais industrias do mundo en todos os ramos que atravesan a cadea alimentaria controlada polas corporacións. Non todas as compañías identificadas no informe do Grupo ETC son as máis famosas no seu sector, pero colectivamente controlan unha porción xigantesca dos produtos que atopamos na agricultura industrial, nos nosos refrixeradores e os nosos botiquines.





