Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Saturday
Feb 04th
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size

Bananas!*

Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 

bananasBananas!*, "o filme que Dole Food Co. non quer ver", é un documentario sueco dirixido por Fredrik Gertten e producido por WG Film que segue o xuízo de 12 traballadores nicaraguanos contra a transnacional Dole Food —antes Standard Fruit— polo uso do pesticida DBCP (dibromocloropropano), comercializado como Nemagon e Fumazone por Dow Chemical. O DBCP foi sintetizado en 1955 e amplamente utilizado en todo o planeta até 1977, cando se descubriu que os traballadores que o manipularan nunha planta química en California ficaran estéreis. Na década de 1960 Standard Fruit (agora Dole), Del Monte e United Fruit (hoxe Chiquita) usárono masivamente en plantacións de banana, ananás, cana de azúcar e algodón. Na provincia bananeira de Chinandega, Nicaragua, onde se calcula que máis de 16.500 persoas foron afectadas e máis de 1.000 morreron por estaren expostas, o DBCP é coñecido como "orballo da morte".

A selección de Bananas!* para participar no Festival de Cinema de Los Angeles tivo como resposta unha forte campaña de presión por parte de Dole que logrou retirar o filme da competición e demandou ao director e aos produtores por difamación tendo só visto o tráiler.

BANANAS!* trailer from WG Film on Vimeo.