A empresa Bayer pretende comercializar na Unión Europea arroz transxénico. O arroz LL62 foi modificado xeneticamente para se tornar resistente a grandes doses de glufosinato, un herbicida —tamén fabricado pola Bayer— considerado de alto risco para seres humanos e outros mamíferos, motivo polo que estará prohibido na UE a partir de 2017. Se a Bayer consegue o seu obxectivo poderemos consumir na UE arroz transxénico contaminado cun agrotóxico prohibido e que ademais é mui diferente do arroz convencional tanto en termos de vitaminas (B5 e E) como en calcio, ferro e ácidos graxos.
A entrada de arroz transxénico na UE acabará por contaminar cultivos de arroz non modificados xeneticamente e disto xa existen precedentes con cultivos experimentais da mesma empresa nos Estados Unidos, que en 2006 causou perdas de 1.200 millóns de dólares á industria arroceira e se limitou a argumentar que fora "un acto de Deus".
Na actualidade non existe no mundo nengún cultivo comercial de arroz transxénico, mais a cousa mudaría se a Unión Europea cede ás presións da Bayer e autoriza a importación de arroz LL62.
Máis información no web da Plataforma Transgénicos Fora!





