Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Saturday
Feb 04th
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Alimentación Novas As cooperativas marisqueiras Ría de Arousa e a da Navalla de Pontevedra acadan o selo MSC

As cooperativas marisqueiras Ría de Arousa e a da Navalla de Pontevedra acadan o selo MSC

Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 

berberechosTras anos de traballo, dúas cooperativas galegas dedicadas ó marisqueo -a Sociedade Cooperativa Galega Ría de Arousa e o Plan de Explotación Conxunto da Navalla da Ría de Pontevedra- converteranse este ano nas primeiras pesquerías do sur de Europa en lograr a certificación MSC (Marine Stewardship Council), un selo de calidade que garantirá a escala internacional a xestión sostible das explotacións de ameixas, berberecho e navallas.

O bo facer de ambas as dúas cooperativas levounas a superar ampliamente a fase de preavaliación do selo MSC. Agora, co apoio da asociación ecoloxista WWF/Adena e a implicación da Xunta, están inmersas nunha auditoría externa -na que os maiores coñecedores mundiais destas pesqueiras analizan a información científica, o modelo de xestión e a lexislación vixente- e que concluirá coa obtención deste distintivo, prevista para finais de ano.

Lé a nova completa no Galicia-Hoxe