Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Thursday
Feb 09th
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Alimentación Novas Autorizado cultivo de perigosa pataca tranxénica na UE

Autorizado cultivo de perigosa pataca tranxénica na UE

Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 

basfA Comisión Europea vén de autorizar un novo cultivo transxénico: a amflora, pataca modificada xeneticamente por BASF e que amosa resistencia a algúns antibióticos, o que supón unha ameaza para a saúde e o ambiente. Desde 1998 non se autorizaba o cultivo de novas variedades transxénicas na Unión Europea, agora a Comisión Europea, presidida por Durão Barroso, tomou esta grave decisión sen levar o debate ao Colexio de Comisarios, sen escoitar á cidadanía e desprezando as probas científicas que poñen en causa a súa seguranza.

O cultivo da pataca de BASF podería aumentar a resistencia de determinadas bacterias a antibióticos imprescindíbeis en tratamentos contra a tuberculose. Para vindeiro 17 de Abril hai convocada en Madrid unha manifestación estatal contra os transxénicos.

 

Máis información:

ISAP (Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos)

PGA (Plataforma Galega Antitransxénicos)