Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Thursday
Feb 09th
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Alimentación Novas O peixe podería desaparecer do océano en 40 anos

O peixe podería desaparecer do océano en 40 anos

Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 

O mundo enfróntase ao posíbel pesadelo dun mar sen peixes para o ano 2050 se non diminúen drasticamente a extracción para permitir a recuperación das especies foi o anuncio que fixeron expertos da ONU o pasado luns, durante a presentación dun informe.

"De cumprirse as distintas estimacións que recibimos, estamos no escenario de que en 40 anos estaremos efectivamente sen peixe" sinalou Pavan Sukhdev, presidente da Iniciativa Economía Verde do Programa Medioambiental da ONU ante os periodistas en Nova Iorque.

Un Informe de Economía Verde que ten prevista a súa publicación a finais de ano pola UNEP afirma que este desastre so se pode evitar cortando drasticamente os subsidios á frota pesqueira e creando zonas marítimas de protección que permitirían recuperar as poboacións de peixe.

Segundo os seus datos, o 30% das especies comerciais están xa colapsadas, o que significan que s capturas son menos do 10% do seu potencial anterior. Na actualidade só unha cuarta parte das especies (normalmente as de menos saída comercial) considéranse que están en boa situación.

Podes ler o artigo completo aquí (Inglés)