A Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raínha Lupa e a Plataforma pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas, organizan o Mercado Ecolóxico pola Defensa da Terra que vai ter lugar o sábado 16 de Xullo durante todo o día. Hhaberá unha mostra de produtos agrícolas e de artesanía local, así coma de música e gastronomía todo pola defensa da terra, pola defensa d@s que a traballan e a coidan...e a desfrutan e protexen. Tamén o mercado basea a súa existencia na autohomenaxe á loita que se está a levar a cabo pola xente de Quilmas e doutros lugares en contra das ampliacións e novas plantas piscícolas
PROGRAMA
Durante toda a xornada do sábado 16 de Xullo, MERCADO ECOLÓXICO POLA DEFENSA DA TERRA, no que haberá ao redor de 20 postos onde labregas/os e artesás/áns que exporán e comercializarán os seus produtos.
RELACIÓN DOS EXPOSITORES
Alimentación
Cooperativa de Agricultura Ecolóxca Raíña Lupa - Horta Ecolóxica,fariñas, patacas, conservas, mel e pan.
Cooperativa Senra - A Estrada - Horta ecolóxica e mel.
Finca da Cora - A Estrada - Horta ecolóxica, pasteis, galletas, conservas....
Dolores - Teo - Horta ecolóxica e rosquillas
Xulio e Belén - Carral - Pan e repostería ecolóxicas
Equisol - Santiago - Comercio Xusto
Menduíña - Cangas - Cervexa artesá
Chus - Ulloa - Queixos
Pulpeira Ánxe - O Carballiño - polbo
A Serra de Outes- Filloas e empanadas
Apicultura
Comunidade de Montes de Caldebarcos e San Cibrán - Carnota - Mel
Santi e Carmen - Louro - Mel
Artesanía
Charamusca- Artesanía en cartón pedra- Carnota
Nacho Porto- Cerámica- Carnota
Bolatola- Xabróns e cremas artesás- Carnota
Cesteiro de Rois- de xestas, carqueixa, etc...- Rois
Cesteiro de Portosón- Bimbio e ferramentas- Portosón
Charo- Cerámica- Carnota
Tani- Coiro- A Ulloa
Susana- Cerámica- O Courel
Cristina- Cremas, xabróns con ingredientes naturais- O Courel
Carme- Louro- artesanía en fieltro
Laura-Muros-Artesanía en coiro
Postos informativos
Cooperativa de Consumo Responsable Zocamiñoca (A Coruña)
Asociación Monte Pindo Parque Natural (Carnota)
ADEGA (Galicia)
Sindicato Labrego Galego (Galicia)
ACTIVIDADES:
-
Presentación do libro "MADEIRA DE MULLER" escrito por Adela Figueroa Panisse, vocal de transportes de ADEGA as ilustracións foron realizadas por Celsa Sánchez Vázquez.
-
Degustación de tomates, mel e pan.
-
Música en directo con diversos grupos que amenizarán a xornada.
-
Tamén haberá postos onde mercar o xantar e poder desfrutar o día enteiro en Quilmas e coñecer a súa contorna.
-
Visita guiada ás terras da Cooperativa de Agricultura Ecolóxica RAÍNHA LUPA de Quilmas.
LOCALIZACIÓNPraza da Festa de Quilmas, Carnota (no centro do Lugar), durante todo o día.





