Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Saturday
May 19th
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Alimentación Novas 3ª Edición do Mercado Ecolóxico de Quilmas

3ª Edición do Mercado Ecolóxico de Quilmas

Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 

Este sábado 1 de outubro celébrase en Quilmas a 3ª edición do Mercado Ecolóxico-Tradicional "pola defensa da terra". Salientar que o domingo 2 de outubro, realizarase en Carnota a IV Limpeza Simultánea de Ríos, actividade á que vos animamos a vir por ser gran interese a concienciación cidadá cara o voluntariado medioambiental, aparte que o percorrido escollido é de gran beleza e merece a pena coñecelo.

A continuación engádese o programa de ambas actividades,  brevemente enviaremos a listaxe definitiva dos participantes:

PROGRAMA DO MERCADO ECOLÓXICO DE QUILMAS “pola defensa da terra”

Sábado 1 de Outubro

  • Mercado ecolóxico tradicional de hortalizas, mel, alimentación ecolóxica e artesanía de proximidade das 10 da mañá ata a tardiña, con parada para o xantar.
  • Degustación de diferentes variedades de tomate e mel.
  • Música animosa durante todo o día.
  • Diferentes postos informativos de asociacións que defenden o territorio, promoven a biodiversidade e fomentan o consumo responsable.
  • Barra da Raínha Lupa con produtos biolóxicos e naturais.
  • Posibilidade de facer o xantar na feira xa que haberá un pulpeiro e diversos postos con empanadas, e outros produtos caseiros....

Domingo 2 de Outubro

10:30 h. Saída dende Quilmas para realizar a limpeza dun tramo do río de Vadebois, a actividade terá unha duración de 2 horas aproximadamente. Esta actividade voluntaria realizarase de xeito simultáneo en 31 concellos galegos e está organizada polo  PROXECTO RÍOS (http://limpeza.proxectorios.org) que leva anos facendo educación ambiental e formando a grupos de persoas que custodian os ríos e fan seguimentos periódicos do seu estado vital. Desta volta, a entidade coordinadora en Carnota é Adega Costa da Morte e, para acudir, precísase de facer unha inscrición previa través dunha chamada ao 697 364 124.

Esta xornada rematará na Lagoa de Caldebarcos onde, conmemorando o día mundial das aves, realizarase un avistamento de paxaros nesta marisma. Recoméndase levar botas de auga, luvas e prismáticos.

PARTICIPANTES

Horta

  • Dolores (Teo)- Hortalizas e roquillas.
  • Xulio e Belén (Cambre)- Respostería, pemento do couto, empanadas.
  • Raínha Lupa (Quilmas)- Hortalizas, mel, fariñas e pan, conservas e aromáticas.
  • Senra SCG (A Estrada)- Horta e mel.
  • Millo e Landras (Vilasantar)- Queixo fresco, rixós, chourizos e carne de porco celta, horta.
  • Casa do Campo (A Estrada)- Hortalizas, pan, conservas.
  • Finca de Cora (A Estrada)- Hortalizas, pizzas, galletas e conservas.
  • Milhulloa (Palas de Rei)- Herbas menciñeiras e grelos deshidratados e cosmética natural.
  • Carme de Socastro (Socastro- Rois)- Horta e queixos.

Mel

  • Monte Veciñal de Caldebarcos e San Cibrán (Caldebarcos)- Mel
  • AGA (Arzúa)- Mel
  • Santi (Louro)- Mel, requeixo e alimentación ecolóxica.

Asociacións/colectivos

  • ADEGA
  • Sindicato Labrego Galego- SLG
  • Asociación Galega de Apicultura- AGA
  • Monte Pindo Parque Natural
  • Zocamiñoca- Cooperativa de consumo responsable
  • Implicadas no desenvolvemento- ONG

Artesanía

  • BolaTola (Panchés)- Cosmética natural. xabróns, ungüentos, cremas...
  • Charo (San Mamede)- Cerámica.
  • Charamusca (Canedo)- Cerámica
  • Nacho Porto (Cornido)- Cerámica
  • Cesteiro de Rois- Cesteiría tradicional
  • Francisco (Porto do Son)- Cesteiría tradicional
  • Susana (Quiroga)- Cerámica e mandís con materiais reutilizados.
  • O pano encantado (Ponteceso)- Roupa para nenos.
  • Carme (Louro)- Diademas e adornos con teas reutilizadas.

Outros

  • Menduíña (Cangas)- Cervexa artesá
  • Empanadas de millo (Rois)- Filloas, empanadas, etc...
  • Ánxel (O Carballiño)- Pulpeiría
  • Equisol (Santiago)- Comercio Xusto
  • Queixería Don Gabino (Vilalba)- Queixo de San Simón.

Lembrar que todas as persoas que expoñen neste mercado fan unha produción sustentable e respectuosa co medio e comercializan directamente os seus produtos.

Para máis información:

Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raínha Lupa S.Coop.G
Quilmas Nº 24-Bx. 15295-CARNOTA
Tlfnos. 981 760 227 ou 697 364 124