Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Saturday
May 19th
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Alimentación Novas 8 Octubro "III Encontro da rede galega de sementes"

8 Octubro "III Encontro da rede galega de sementes"

Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 

Este sábado 8 de outubro a partires das 10:30h na Alameda de Redondela terá lugar o III encontro da rede de sementes, onde poderemos  participar non só no propio troco, senón ver e coñecer outros proxectos ligados a conservación das variedades antigas e locais cultivadas na Galiza, sumado os postos de diferentes colectivos e as produtoras e artesáns que cultivan dun modo máis respectuoso coa terra.

Tamén haberá obradoiros e actividades para nenos e nenas durante toda a xornada. A feira de produtores, artesáns e colectivos será na Alameda de REDONDELA, (se chove, será no Recinto da Feira do Gando de Redondela).

PROGRAMA

10.30h Apertura da xornada, mesas de troco de sementes e feira.

12.00h Charla "Estratexias legais das administracións para o control das sementes labregas" por CARMEN FREIRE.

14.00h Xantar popular

16.00h Mesa de Sabias

17.30h Obradoiro de cervexa

18.30h Obradoiro de extracción de sementes

20.30h Actuación musical:

“Os Tremendos Permacultores do Norte"