Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Wednesday
Feb 22nd
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Consumismo Alternativas Nace a Rede Galega de Consumo Responsábel

Nace a Rede Galega de Consumo Responsábel

Avaliación do usuario: / 3
RuínMellor 

rgcrespO pasado xoves 27 de novembro, tras seis meses de xestación, nacía en Compostela a Rede Galega de Consumo Responsábel e Consciente. A rede nace para dar resposta ao insuficiente coñecemento e visibilidade social do consumo ecolóxico, responsable e consciente; a insuficiente intercooperación entre as organizacións de economía social adicadas ao consumo ecolóxico, responsable e consciente, a insuficiencia e descoordinación na representación conxunta en foros e iniciativas relacionadas co consumo ecolóxico, responsable e consciente, o insuficiente coñecemento social das fórmulas de economía social para organizar o consumo ecolóxico, responsable e consciente; a percepción social do consumo ecolóxico como elitista e de altos prezos e a Insuficiente comunicación entre produtoras; transformadoras e consumidoras.

Pártese para iso dunha situación de clara tendencia ao crecemento do consumo ecolóxico, responsable e consciente no noso pais, nun momento es que estanse a crear novos proxectos de consumo responsable colectivos.

Os principios nos que se asenta esta nova rede son:

  • Sustentabilidade
  • Consumo Consciente e Responsable
  • Desenvolvemento local e arraigamento social
  • Comercio xusto
  • Soberanía alimentar
  • Agroecoloxía
  • Loita contra os transxénicos
  • Economía social
  • Transformación social non capitalista

Forman parte da mesma 11 colectivos que agrupan a máis de 1.500 asociados/as e facturan ao longo do ano perto de 1.000.000 de euros.

Asociación A Cova da Terra (Lugo), Asociación de Comercio Xusto Panxea (Compostela), Asociación de Consumo Responsable Semente de Ourense, Asociación Galega Amarante Setem para o Ecodesenvolvemento, Asociación para o Desenvolvemento Rural Sostible O Grelo Verde, Consumo Consciente Arbore, S. Coop. Galega (Vigo), Cooperativa de Consumo Responsable A Xoaniña, S.Coop.Galega (Ferrol), Cooperativa de Consumo Responsábel Eirado, S. Coop. Galega, Cooperativa de Consumo Responsable Zoca Miñoca (A Coruña), Grupo Promotor Cooperativa de Consumo Responsable de Pontevedra e a Tenda Pro MunDos S. Coop. Galega (Vigo).