Greenpeace publicou no ano 2005 unha interesante guía de consumo responsábel: "Actúa. Consejos para una vida sostenible", "un conxunto de orientacións prácticas que te axudarán a mellorar o ambiente e a cualidade de vida de todos os habitantes do planeta". Estruturada segundo diferentes ámbitos nos que pasamos a nosa vida (casa, oficina, escola, estrada, barrio, costa...), recolle consellos e propostas de obradoiros (cosméticos naturais, limpeza, papel reciclado e compostaxe). Pódese descarregar en formato .pdf.





