Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Saturday
Feb 04th
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Consumismo Alternativas Makea a túa vida

Makea a túa vida

Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 

makeaMakea é unha alternativa á cultura do usar e tirar. Na actual sociedade de consumo, as marcas son calquer palabra, nome, símbolo ou obxecto que se emprega para identificar e distinguir os artigos dun produtor respeito aos dos seus competidores. E conferen aos produtos unha persoalidade e unha imaxe tais que nos converte en seres dependentes destas. Mais Makea é unha marca que non vende nada, representa unha actitude de resistencia.

Makea é a intelixencia e criatividade colectiva, que converte de novo en útil aquilo que a sociedade de consumo desprezou. Trátase de recuperar o lema "faino ti mesmo", de alongar a vida útil dos produtos, de voltar ao saber facer e romper coa "comodidade desbaldidora e valeira" que nos vende en caixas a cultura de consumo.

Makea nasceu en 2001 como un xogo de terxiversación de imaxe/marcas. En 2005 artellouse como plataforma de acción cun traballo de investigación no ámbito do deseño/reutilización/comunicación. En 2006 pasoua acción e hoxe conta cun grupo de traballo multidisciplinar para levar adiante accións de difusión e produción.

Makea conta cun web, un blog e un blog de traballo, aos que hai que engadir outro sitio web dedicado ás "receitas" (onde atopar e achegar "solucións construtivas para o hábitat apartir dos refugallos").