O colectivo ourensán "Sem um Cam" ven de poñer en funcionamento un servizo de empréstimo de obxectos co obxectivo de contribuír, segundo afirman, á ruptura da cadea de necesidade-mercado-necesidade que é correlativa à cadea traballo-consumo-traballo, porque esa é a cadea coa que o capitalismo agarra para si as nosas vidas, por que cremos máis nas persoas que nos centros comerciais, por que queremos compartir e non mercar, criar comunidades e non sapo-conchos, viver e non traballar.
Atópase no nº 9 de rúa do Vilar de Ourense, integrado no local social que o colectivo mantén na cidade. Sem um Cam é un proxecto asociativo que procura servir de espazo para ensaiar formas de relación social à marxe do mercado e dos cartos, alimentando os valores da solidariedade, a participación social e a loita anti-capitalista





