O domingo 19 de Abril na Praza Vella de Ferrol (ou no edificio do Mercado Central-Ferrol en caso de chuvia) desenvolverase de 10:00 a 13:30 unha nova edición do Mercadiño de Troco . Este mercadiño de troco ten periodicidade bimensual. Tamén podes acceder ao Mercadiño permanente en FerrolTroca no que atoparás trocos, cesións, bancos de tempo...





