Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Thursday
Feb 09th
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Consumismo Alternativas Consumo responsábel fronte á mudanza climática

Consumo responsábel fronte á mudanza climática

Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 

cartaz_xornadas_amarante_consumo_climaOs días 24 a 26 de Abril celebráronse en Santiago de Compostela, na Faculdade de Matemáticas da USC, as Xornadas "Cosumo Responsable e Cambio Climático", organizadas por Amarante e a USC coa colaboración da Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia. Case que un cento de persoas participaron e fecharon as xornadas xunha carta á comunidade universitaria que di como segue:

"Nós, alumnas e alumnos da universidade de Santiago de Compostela que participamos no Seminario "Consumo Responsable e Cambio Climático" pensamos que o cambio climático é un problema global que afecta especialmente aos países do sur, cos cales temos unha enorme débeda ecolóxica e económica. Que o consumo responsable ten un gran potencial a hora de loitar contra o cambio climático e para evitar o colapso ambiental cara a que imos. Un potencial transformador que é preciso aproveitar traballando a prol dun novo paradigma social, económico e medioambiental que permita trocar a relación histórica Norte-Sur. Somos conscientes de que é preciso un cambio de rumbo, un xiro "copernicano" e que debemos avanzar nel facendo que cada persoa poida participar de forma individual e colectivamente coas súas accións diarias. Baixo unha filosofía: pensar globalmente e actuar localmente.

Desexamos rachar coas vellas estructuras de pensamento occidental tanto colectivas coma individuais que nos leve cara "o outro mundo posible" no que poidamos:

  • Facer máis con menos.
  • Recampesinizar.
  • Camiñar cara a sustentabilidade ecolóxica.
  • Adquirir un compromiso colectivo e individual cos nosos conxéneres.
  • Definir novos modelos educacionais: educación ambiental, solidaria e non sexista.
  • Democratizar as estructuras sociopolíticas.
  • Colectivizar e incidir na sociedade a través da acción social.

O consumo responsable non é so unha posibilidade senón que é un exercicio de responsabilidade que desde as institucións públicas en xeral e desde a Universidade se Santiago de Compostela en particular débese poñer en práctica. Pero non se de forma puntual, senón de forma estructural, cambiando a cultura do consumo por outra do aforro. Para todo, queremos facer propostas concretas, tanto a institución universitaria como as nosas compañeiras e compañeiros de estudios porque creemos que desde a acción individual e colectiva temos moito que facer. Algunhas destas propostas son:

  • Aforrar enerxía instalando de sensores de movemento que so acenden as luces cando sexa preciso e a través da colocación de calefacción na súa xusta temperatura optimizando recursos e combustible.
  • Aforrar auga instalando surtidores e non billas.
  • Aforrar recursos cambiando o papel branco por reciclado e que todo sexa utilizado polas dúas caras. Que os profesores así o esixan e así o fagan. Que se priorice o formato electrónico sobre o soporte en papel.
  • Construír diferente: tendo en conta criterios de bioconstrucción, aproveitar a enerxía do sol a través da boa orientación dos edificios ou da instalación de máis ventás. Instalar enerxías renovables.
  • Investigar diferente: favorecer a investigación en enerxías renovables.
  • Facilitar e aforrar na mobilidade urbana a través da mellora do transporte público de acceso a universidade e a potenciación no uso da bicicleta para o alumnado, con carril bici e aparcadoiros.
  • Alimentarnos mellor, introducindo produtos de agricultura ecolóxica e comercio xusto nos comedores, cafeterías e máquinas expendedoras.
  • Reinventar o consumo promovendo rastrillos e mercados de troco e o uso de produtos de segunda man entre os estudantes: incluso de apuntes, libros, documentación, material de papelería, mobiliario, etc. Propoñemos a creación dun banco de fotocopias.
  • Aprender de outra maneira introducindo na formación universitaria máis contidos sobre consumo e cambio climático e facendo máis actividades de sensibilización a través de xornadas e convivencias sobre consumo responsable.
  • Ter en conta o impacto ambiental e a pegada ecolóxica de todos os equipamentos que adquire a universidade pudendo así coñecer a débeda que estamos adquirindo cos países do sur, axudándonos así a tomar medidas.
  • Organizarnos en colectivos de consumo e redes sociais de intercambio de coñecementos e obxectos, de consumo de alimentos e produtos de comercio xusto e agricultura ecolóxica.
  • Tirar de outra maneira, reducindo os residuos. Separándoos correctamente, reutilizando e reciclando cando non quede outra alternativa.
  • Relacionarnos e interactuar coas persoas que veñen de Erasmus, coñecer novas realidades e novas ideas que nos axuden a profundizar co consumo responsable.
  • Loitar contra a privatización da universidade e impedir a entrada dos intereses privados no ensino público.

Pedimos, a tódolos membros da comunidade universitaria teña en conta estas propostas a fin de construír, xuntos e xuntas, un mundo mellor en termos de xustiza social, sustentabilidade ecolóxica e paz."

Fonte: comercioxusto.com

 

Artigos relacionados