Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Saturday
May 19th
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Consumismo Alternativas 3 de maio: primeiro mercadiño de troco da rede Ourense Troca

3 de maio: primeiro mercadiño de troco da rede Ourense Troca

Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 

Despois do nacemento da Cousateca en Ourense (un lugar onde se prestan todo tipo de obxectos: esquís, botas de esquís, lanchas inchables, libros, ferros de pasar, televisións,  xogos...), naceu a rede Ourense Troca, da que forman parte Verdegaia, Amigos da Terra, Amarante, Anacos da Cidade e Sem Um Cam. Este domingo 3 de maio levarase a cabo o primeiro mercadiño de troco regular que esta rede decidiu pór en marcha na Praza Maior de Ourense, de 11:00 a 14:00. Este mercadillo repetirase o primeiro domingo de maio, xuño, setembro e novembro.