O vindeiro Sábado 9 de Maio celébrase o Día Internacional do Comercio Xusto, tamén en Galiza onde temos dúas grandes convocatorias:
As entidades Amarante, Árbore, A Gradicela, Emaus, Semente, Sindicato Labrego Galego e Verdegaia organizarán mercados transparentes e outras actividades na Coruña, Compostela, Pontevedra, Vigo, Ourense e Ribadeu co lema "Pola Soberanía Alimentar, por un Comercio Xusto no Norte e no Sul".
Por outra banda, as organizacións integrantes da Comisión de Comercio Xusto da Coordenadora Galega de ONGDs (A Cova da Terra, Amigos da Terra, Axuda en Acción, Intermón-Oxfam, Panxea, Solidariedade Internacional e Taller de Solidaridad) celebrarán actos en Ferrol, A Coruña, Compostela, Pontevedra, Vigo, Ourense e Lugo co lema "Estoura un novo Big Bang!".





