Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Thursday
Feb 09th
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Consumismo Alternativas Día do Comercio Xusto 2010

Día do Comercio Xusto 2010

Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 

comercioxustoO segundo Sábado de Maio celébrase en todo o mundo o Día do Comercio Xusto, convocado pola WFTO. En Galiza, por segundo ano consecutivo, Amarante celébrao baixo o lema "Comercio Xusto no Norte e no Sul" en colaboración con Verdegaia, SLG, A Gradicela e Árbore, centrándose na denuncia do papel das grandes superficies nas condicións de vida das persoas que traballan tanto a producir alimentos como na industria téxtil.

 

Programa:

4 de Maio, 20:00 horas, Galería Sargadelos de Pontevedra: Mesa Redonda, "O impacto negativo das grandes superficies", con Lidia Senra (SLG), Ramón Rodríguez (A Gradicela) e Adrián Serantes (Amarante).

6 de Maio, 20:00 horas, Galería Sargadelos de Pontevedra: Apresentación da Iniciativa Salarios Dignos en Asia, con Fernanda Couñago e Eva Blanco (Amarante)

8 de Maio: Día do Comercio Xusto

  • Compostela: Praza do 8 de Marzo (Feira da Primavera) de 11:00 a 15:00 horas
    • Mercado Transparente de Alimentación
    • Exposición e Degustación de produtos de Comercio Xusto
    • 13:00 horas: Pasarela reivindicativa "A moda que incomoda", coa colaboración da poeta e conta-contos Iolanda Aldrei
  • Pontevedra: Praza do 8 de Marzo de 11:00 a 14:00 horas
    • Mercado Transparente
    • Mercadiño de Troco
    • Degustación de produtos de Comercio Xusto
    • Actuación do grupo musical Os Chichisos
    • Actividade Teatral
  • Vigo: Mediana da Gran Vía á altura da Rúa Venezuela de 11:00 a 14:00 horas
    • Mercado Transparente de Alimentación
    • Mercado Transparente de Roupa
    • Tetralización através da danza da cadea de produción de roupa e as súas consecuencias nas condicións laborais
  • Ourense: Rúa Sáen Díez, no contorno do Centro Comercial Ponte Vella de 12:00 a 14:00 horas
    • Mercado Transparente de Roupa
Ademais, a Comisión de Comercio Xusto da Coordenadora Galega de ONGDs —integrada por A Cova da Terra, Axuda en Acción, Intermón-Oxfam, Panxea, Solidariedade Internacional e Taller de Solidaridad— celebra tamén o día con actividades na Coruña, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela, Vigo e Pontevedra.
 

Artigos relacionados