Todmorden, unha pequena poboación no condado de West Yorkshire, no norte de Inglaterra, pasou á acción. Os seus habitantes, conscientes da importancia de actuar por si mesmos e de non esperar a que os políticos busquen unha saída ante a crise alimentaria que os ameaza, ou a que apareza unha solución tecnolóxica que lles resolva as súas preocupacións polo futuro, espertaron e decidíronse a traballar polo cambio.
Esta localidade de apenas 15.000 habitantes tomou por lema "Cultiva a túa propia revolución" e propúxose labrar o seu futuro coas súas propias mans, cambiando a súa mentalidade no referente á súa contorna, aos alimentos e á súa forma de valorar o medioambiente.
Lé o artigo completo




