Hai 10 anos cada cidadá(n) producía 1,2 quilos de lixo ao día, en 2004 eran xa 1,43 quilos. Cada ano aumenta esa proporción sen que a Administración nen a propia cidadanía sexa consciente da gravidade do problema. Todo foi no seu día unha materia prima extraída dalgures, e a meirande parte deste lixo remata nas incineradoras, desbaldindo recursos e materiais que se podian reutilizar, recuperar ou reciclar, emitindo unha importante cantidade de tóxicos ao ambiente e contribuindo para a mudanza climática.






