"Durante décadas, McDonald's foi bastante criticado polo seu impacto negativo na sociedade e no ambiente. As nosas actividades realmente traen algunhas consecuencias inevitábeis: destrución de florestas, empioramento da cualidade de vida no terceiro mundo, desertificación, condicións de traballo precárias, contaninación, etc.
Negar todas esas acusacións fundadas sería imposíbel, entón decidimos criar este xogo en liña para amosar á mocidade que ese é o prezo que temos de pagar para manter o noso estilo de vida.
Imos seguir no noso camiño, coa nosa coñecida determinación. Únete a nós e divírtete!
Ronald McDonald"
Así xustifica supostamente Ronald McDonald o lanzamento do videoxogo da empresa que representa, unha iniciativa de Molleindustria, equipa italiana de artistas, deseñadores e programadores que procuran unha reapropiación dos videoxogos como forma popular de comunicación de masas. O Videoxogo de McDonald's está disponíbel na rede e traducido a nove idiomas. Con el podes comprobar os custes de gañar diñeiro cunha transnacional da comida lixo desde o ponto de vista da produción de carne, da administración dun estabelecimento de comida rápida ou de toda a corporación!
Outra criazón de Molleindustria, máis recente e só en inglés e italiano, é Oligarchy, co que te podes converter no "protagonista da era do petróleo".





