Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Thursday
Feb 09th
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Consumismo Multimedia "Not for sale. No a la Venta"

"Not for sale. No a la Venta"

Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 

not-for-saleAs persoas de todo o mundo cada vez dependemos máis dun menor número de grandes empresas globais. Monsanto controla o 90% das sementes transxénicas. Microsoft ten un 88,26% da cota do mercado en software informático, seguida por Apple con Mac cun 9,93%. Cada día 150 millóns de persoas en todo o mundo compran un produto Unilever sen nen sequer o saber. McDonald's serve 58,1 millóns de comidas diarias en todo o mundo. Das 100 economías máis grandes do mundo, 51 son empresas. Os estados perden poder ao mesmo ritmo que as grandes empresas o gañan. A globalización xerou un novo contexto que require unha redefinición das regras de xogo para a sociedade global do século XXI.

Neste contexto xorde o debate ao redor da Responsabilidade Social Corporativa ou das empresas (RSC), que se expón como o ponto de partida desde o cal reformular o equilibrio entre o desenvolvimento económico, a sustentabilidade ambiental e o desenvolvimento social necesarios para construír o novo tipo de sociedade que queremos. Aínda que se está a producir un incremento paulatino do interese pola Responsabilidade Social Corporativa, tanto en círculos empresariais como no ámbito social, o proceso está a ser lento.

É o momento de que nos perguntemos que tipo de sociedade queremos construír e que papel debemos xogar para contribuír ao seu desenvolvimento. Debemos asumir o rol de persoas consumidoras, traballadoras e opinión pública implicadas na aplicación dos modelos responsábeis en todos os ámbitos de actuación das empresas.

"Not for sale. No a la venta" é un documental do Observatorio de la Responsabilidad Social Corporativa en coprodución coa Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED).