Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Saturday
Feb 04th
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Consumismo Multimedia A Historia das Cousas medra

A Historia das Cousas medra

Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 

the_story_of_stuff"The Story of Stuff Project" é unha iniciativa impulsada por Annie Leonard tras o éxito da curtametraxe "A Historia das Cousas", centrada nos impactos ambientais e sociais do noso modo de produción e consumo. O proxecto ten como obxectivo construír un movimento transversal forte, diverso e descentralizado co fin de transformar os sistemas de produción e consumo cara á sustentabilidade ecolóxica e o ben-estar social. Así, The Story of Stuff Project elabora ferramentas para a divulgación como aquela primeira curtametraxe, á que agora podemos engadir outra sobre a mudanza climática e o comercio de carbono: "The Story of Cap & Trade", de momento só disponíbel en inglés. Están anunciados tamén un video sobre a auga engarrafada e outro sobre os produtos electrónicos, ademais dun libro.

 

[Nova actualizada: xa existen versións subtituladas]