A grande distribución comercial (supermercados, hipermercados, cadeas de desconto) experimentou nos últimos anos un forte proceso de expansión, crecemento e concentración industrial. Atopámonos ante un modelo produtivo que induce á uniformización e á estandarización alimentaria, abandonando o cultivo de variedades autóctonas en favor daquelas que teñen unha maior demanda por parte da grande distribución, polas súas características de cor, tamaño, etc. Trátase de abaratar os custos de produción, aumentar o prezo final do produto e conseguir o máximo beneficio económico... neste video podes ver a entrevista realizada polo colectivo Alavueltadelaesquina.
Fonte: Ecologistas TV





