Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Saturday
May 19th
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Consumismo Multimedia Consciente Coletivo, consumo responsábel en dez episodios

Consciente Coletivo, consumo responsábel en dez episodios

Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 

tartaruga_consciente_coletivoConsciente Coletivo é unha serie brasileira de animación stop-motion sobre consumo responsábel. Os dez capítulos de dous minutos, iniciativa do Instituto Akatu en parcería con Canal Futura e HP, son obra de Giroscópio Filmes e fan parte dunha máis ampla campaña de educación ambiental. Elaborada con papel, a serie aborda asuntos como a mudanza climática, o consumo de papel e auga, as bolsas e embalaxes, os impactos do consumo, o consumismo, a sustentabilidade ou a boa vida. O Instituto Akatu pelo Consumo Consciente, nascido no ano 2000, é unha entidade ligada á Responsabilidade Social Empresarial que conta coa colaboración de numerosas e poderosas empresas que operan no Brasil.