
De acordo coa folla de ruta “Cara a unha Europa eficiente no uso dos recursos”, aprobada o pasado setembro, se desexamos satisfacer as nosas necesidades e manter o mesmo nivel de benestar no futuro, as empresas terán que producir máis valor engadido con menos insumos e os consumidores deberán adoptar uns patróns máis sostibles de consumo de produtos e servizos.
Con esta idea, a Comisión Europea está revisando actualmente as súas medidas no ámbito do consumo e a produción sostibles (CPS) ao efecto de velar por que esas medidas axuden a Europa a utilizar os seus recursos de xeito máis eficiente e a poñela no camiño da sustentabilidade a longo prazo.




Lugar: Praza de Abastos de Bueu, soportais da entrada

