Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Saturday
Feb 04th
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Consumismo Novas Luces para o consumismo

Luces para o consumismo

Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 

ramon_luzes_natal

Achégase o Nadal e con el o "estímulo ao consumo" en forma de incremento do gasto enerxético, do contributo para a mudanza climática e da contaminación lumínica. Santiago de Compostela, por exemplo, acenderá hoxe a súa iluminación de Nadal, á que dedica un orzamento de 165.000 €. As luces permanecerán acesas de 18:00 a 2:00 horas salvo os días 24, 25 e 31 de Decembro, como tamén 5 de Xaneiro, que ficarán acesas até o mencer. A argumentación do propio Concello é clara: "Nun ano difícil para a economía en xeral e en particular para comerciantes, hosteleiros e demáis actividades económicas, a Concellaría de Festas fai un esforzo económico coma nunca co fin de ambientar as rúas e prazas da cidade nunhas datas tan significativas, colaborando así na promoción da cidade desde o punto de vista comercial, turístico e tamén para deleite dos cidadáns e cidadás, especialmente dos máis pequenos". Hai un ano en  Consume Hasta Morir reflexionaban sobre " As luces natalinas de Pavlov ".

 

 

Artigos relacionados