TemposDixital entrevista a Rodrigo Fernández Miranda, de Consume Hasta Morir, licenciado en Ciencias Empresariais e posgraduado en psicoloxía social e márketing. O seu último libro, El Teatro de la Libre Elección (Popular, 2008), é un estudo crítico sobre o discurso publicitario e a identidade consumista das sociedades opulentas contemporáneas desde una perspectiva psicosocial. Entre outras cousas, di que "O consumismo preséntase mediaticamente como un camiño cara á felicidade, outra Gran Promesa cara á que gran parte da sociedade se afana buscando sentido. A felicidade é un concepto patentado e especialmente utilizado na retórica publicitaria. Que a sociedade persiga a felicidade a través dunha carreira polas posesións é un proxecto de vida conveniente para o poder económico. Unha carreira que nunca remata, unha felicidade que nunca chega por esta vía. Michael Argyle en A Psicoloxía da Felicidade afirma que "existe moi pouca diferenza entre os niveis de felicidade que a xente valora ter nos países ricos e nos países moi pobres"."
Lé a entrevista completa





