Norte Forestal (NORFOR), filial do grupo ENCE responsábel da xestión de máis de 11.000 hectáreas de montes (a maioría deles eucaliptais situados en Galiza), perdeu a certificación FSC o pasado 7 de Xaneiro. Esta decisión é fruito do traballo de seguimento e presión desenvolvido por diversas organizacións ecoloxistas nos últimos anos. Unha destas entidades, Verdegaia, felicitouse pola retirada do selo, se ben lamentando a demora, xa que a decisión chegou ao comezo do ano no que o certificado ía caducar.





