Greenpeace apresentou recentemente un informe fruito do traballo de tres anos no que se explica como a alianza entre a indústria gandeira e o goberno brasileiro resulta en mais desmatamento, traballo escravo e invasión de terras indíxenas. A carne e o coiro do desmatamento amazónico chegan "lavados", coa axuda dos frigoríficos brasileiros e a medio dunha complexa tea, aos mercados em forma de alimentos precociñados, calzado, móbeis, automóbeis e cosméticos, implicando a empresas e marcas como Nike, Timberland, Carrefour, Wal-Mart, Kraft, Adidas, Reebok, Ikea, Ford, BMW, Honda, Toyota, Boss, Geox, Gucci, Hilfiger, Louis Vuitton, Prada, Unilever, Johnson & Johnson, Colgate-Palmolive... Unha semana despois de ser apresentado o informe, as grandes superficies Pão de Açúcar, Wal-Mart e Carrefour decidiron suspender as compras a 11 empresas frigoríficas do Estado do Pará por non teren garantías de que a súa carne non vén de áreas desmatadas da Amazonia.
Máis información no web de Greenpeace Brasil: A farra do boi na Amazônia, informe en formato .pdf.





