Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Saturday
Feb 04th
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Consumismo Novas Día Sen Compras 2009

Día Sen Compras 2009

Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 

buy_nothing_day_09O Día Sen Compras é unha xornada de protesto contra o consumismo. Criado en Vancouver por Ted Dave no ano 1992 e promovido pola organización canadense Adbusters. Nos EUA e Canadá celébrase desde 1997 no día despois de Acción de Grazas (este ano, 27 de Novembro), mentres que a nível global a convocatoria é para o último Sábado de Novembro (día 28). En ambos casos a escolla está relacionada co Nadal, celebración transformada en exercicio extremo de sobreconsumo.

En Portugal o Día Sen Compras é promovido polo Gaia e Freecycle Lisboa, mentres que no Estado español é Ecologistas en Acción quen o fai, convidando a non mercar nada nesta xornada e practicar o consumo crítico e sustentábel todo o ano. Segundo a confederación ecoloxista estatal esta xornada reivindicativa mantén en común en todo o mundo "a crítica ao modelo de consumo no que estamos instalados, homoxeneizador, desbaldidor, cínico e individualista, que contribúe, de modo decisivo, ao mantimento dunha situación que nos está a levar ao colapso social e ambiental".