A Fundación Ecología y Desarrollo organiza máis un ano o seu Concurso internacional on line de curtas polo consumo responsábel, que ten como obxectivo "difundir os valores da sustentabilidade, entendida como a conxugación da proteción do territorio, e do ambiente que o sustenta, co desenvolvimento social e económico da sociedade que habita ese territorio". O certame centrarase no consumo responsábel entendido como "o conxunto de accións que procuran atopar solucións viábeis aos desequilibrios -sociais e ambientais- a meio dunha condutamáis responsábel por parte de todos". A curta gañadora será premiada con 2.000 €. O prazo de entrega dos traballos acaba o vindeiro 31 de Outubro.





