Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Saturday
May 19th
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Consumismo Novas 26 de novembro: Día sen Compras

26 de novembro: Día sen Compras

Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 

O próximo 26 de novembro celebrarase a 19º edición do Día sen Compras (DSC) en máis de 65 países. Comezou a celebrarse en Vancouver en 1992 da man dunha idea do artista Ted Ned e promovida e divulgada por Adbusters, grupo de contrapublicidade canadiense. A partir de 1997 fixouse a data da súa celebración no venres seguinte ao Día de Acción de Grazas estadounidense, un dos días de maior consumo nese país.

 

Esta celebración non está exenta de polémica xa que algúns colectivos denuncian que o único que se acada é que as persoas merquen máis ao día seguinte, outros alegan que é ofensivo para aquelas persoas empobrecidas que simplemente non poden mercar nada.

 

En conmemoración desta xornada, Ecoloxistas en Acción organiza diversas actividades no territorio español.