Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Saturday
May 19th
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Consumismo Novas IKEA: sen ánimo de lucro?

IKEA: sen ánimo de lucro?

Avaliación do usuario: / 2
RuínMellor 

Logo dunha ollada máis polo miúdo, afastada desa cegueira economicista que antes mencionabamos, atopámonos mais ca cunha empresa modelo cun modelo de empresa, monopolista, de acumulación capitalista, que basea o seu éxito nos baixos prezos producidos grazas ás deslocalizacións, que fomenta do hiperconsumismo e a uniformización cultural, que contribúe considerabelmente á crise ecolóxica e que realiza máis que dubidosas prácticas fiscais, sociais e laborais. Un modelo de empresa, como o de todas as transnacionais, extraordinariamente nocivo para a humanidade e para o planeta.

Os políticos teñen moitas veces frases desafortunadas. É normal, porque falan demasiado. Porén, poucas puidemos escoitar tan ridículas, tan cargadas de xenreira localista e divismo populista como a que espetou á prensa Javier Losada, alcalde da Coruña, na inauguración dun IKEA nesa cidade o 20 de xullo de 2010: “Moitos o querían, pero nós témolo”. Con ese alborozo de digno herdeiro de Francisco Vázquez exteriorizaba o edil a súa inmensa ledicia ao acadar para a súa localidade o maior éxito das últimas décadas: unha tenda de mobles e decoración.

Queda por saber, iso si, cal será co tempo a conta de resultados da implantación na cidade herculina dun modelo de empresa que, se ben disque vai crear 400 empregos directos –non todos a tempo completo– e non sei cantos indirectos –o que permite subir a cifra á mantenta–, de seguro incidirá moi negativamente na industria autóctona e no pequeno comercio, e xa que logo na autonomía económica de centos de persoas e na súa capacidade para respostar a intres de crise, nos orzamentos públicos que sen dúbida se desviaron para o seu emprazamento ou, o que é peor, na saúde do planeta e de moitos homes e mulleres que no Sur xeopolítico traballan para subcontratistas do xigante sueco.

Le o artigo de Manoel Santos en Altermundo