As II Xornadas de Consumo Consciente e Responsable organizadas por Zocamiñoca pretenden ser un espazo de encontro autónomo e libre, onde poder encontrarnos para falar, reflexionar e coñecer experiencias de consumo alonxadas do modelo consumista convencional. Intentaremos ofrecer unha panorámica global do funcionamento do actual modelo de produción, distribución e consumo desde unha perspectiva crítica, ademais de achegarnos a unha experiencia concreta de consumo responsable na Coruña, a cooperativa Zocamiñoca, cuxos principios son o consumo local, ecolóxico, de tempada, a soberanía alimentaria, o comercio xusto, etc., cunha organización participativa, amena, fluída e reivindicativa. Tamén contaremos coa presentación do grupo de ATTAC na Coruña, recentemente constituído. Agardamos por vós nas xornadas!!
Lugar: Casa Casares Quiroga (r/. Panadeiras, 12)
Organiza: Cooperativa de Consumo Responsable Zocamiñoca
Colabora: ATTAC Coruña
Venres 6 de maio (19.30 horas)
Vídeo fórum sobre consumo
Sábado 7 de maio (19 horas)
Presentación de ATTAC Coruña.
Cooperativa de consumo responsable Zocamiñoca: a visión dunha socia, a visión dunha produtora.
Coloquio.





