A
sede de Ferrol da ONG para o desenvolvemento Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (ESF Galicia) organiza a "I Xornada de Consumo e Economía Responsable" que terá lugar o venres 17 de xuño, ás 19.00 horas, na Galería Sargadelos de Ferrol (R/ Rubalcava 32-33) .
Participarán:
- Xan Martínez, xerente da Cooperativa de Consumo Responsable A Xoaniña con "Consumo Responsable e Comercio Xusto"
- Natalia Fernández, voluntaria de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia do grupo de administración e tesourería con "Economía Responsable e Banca Ética"
- Daniel Vila, voluntario de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia do grupo de Enerxía de Vigo con "Aproveitamento Enerxético"
- Miguel Teixido, xerente do grupo de Desenrolo Rural Euroeume con "Comercialización do produto local"
Por outra banda, e tamén en Ferrol, ESF Galicia instalou unha exposición na Escola Oficial de Idiomas sobre Comercio Xusto que permanecerá ata o 30 de xuño.
Fonte: http://esfgalicia.blogspot.com/2011/06/xornada-sobre-consumo-e-economia.html





