Lugar: Praza de Abastos de Bueu, soportais da entradaData: Sábado 15 de Outubro do 2011 dende as 11:00 ata as 18:00
Durante toda a xornada, o mercadillo está para uso e desfrute de todas e todos aqueles que teñan cousas na casa que xa non empregan e estean interesados en trocar ou cedelos por outras cousas ás que lle poidan sacar partido.
Estas xornadas realízanse co afán de optimizar os recursos dos veciños do Morrazo. Debido á sociedade de consumo na que vivimos, moitas e moitos de nós rematamos con acopio de bens que xa non usamos. Este mercadiño vai enfocado a sacarlle partido a eses bens, sendo reutilizados por outra xente. Deste xeito, axúdase á economía de aquelas e aqueles que realicen o troco ou cesión e ó tempo fomentamos a reutilización, que é un dos pilares do ecoloxismo.
O funcioamente sería, por exemplo, traes uns libros, roupa ou verduras e trocas os libros por outros que aínda non liches, a roupa por uns cds de música e as verduras por uns zapatos.
Ideas de intercambios:
- Plantas , hortalizas , sementes , froitas , flores ...
- Alimentos da casa como pan , licores , tortas , ovos ...
Ó final da xornada, a roupa que non foi trocada e que os donos non queran recuperar, será doada a organizacións que a empreguen para axudar ós máis necesitados.
Animamos á participación cidadá a esta xornada aberta a todas e todos.
Organoiza: asociación As Furnas.(Asociación Cultural)





