O sábado 5 de novembro celébrase en Teo o I Encontro Social Galego. O obxectivo é reflexionar de xeito conxunto e crear redes que permitan mellorar a incidencia. Ata o momento son 16 as organización que xa teñen anunciado o apoio a esta iniciativa. Trátase dunha convocatoria plural e descentralizada e que persigue xuntar nun mesmo foro os novos movementos sociais (ONGs, culturais, ecoloxistas, feministas, consumo, sindicais…) e os novísimos movementos xurdidos da indignación (15-M, DRX, Afectados polas hipotecas, …).
O I Encontro Social Galego desenvolverase cunha estrutura de debates sobre 5 eixos que darán lugar a diferentes grupos de traballo, entre eles o referido a consumo, sustentabilidade e alternativas económicas.





