Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Saturday
Feb 04th
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Cooperativas e asociacións de consumo

Cooperativas e asociacións de consumidores/as

Correo-e Imprimir PDF
Avaliación do usuario: / 1
RuínMellor 

O Cooperativismo ou asociacionismo en materia de consumo non é unha invención nova, de feito aqueles que teñades algúns anos lembraredes cooperativas en cidades como A Coruña ou Vigo nos anos 70. O que si é relativamente novo é a incorporación dunha andamiaxe ecolóxica, crítica e transformadora en varias iniciativas que funcionan en Galiza, algunhas con moitos anos de andaina e outras moi recentes e algunha incluso en proceso de creación.

Cooperativa A Xoaniña

A Xoaniña é unha cooperativa que aglutina máis de cen familias ou grupos de consumo e a todos os produtores/as ecolóxicos da zona de ferrolterra. Persegue a promoción do "CONSUMO RESPONSÁBEL” como principal ferramenta da que dispoñemos os cidadáns e cidadás para configurar o noso contorno, tanto no económico como no social.

Cooperativa Arbore

Consumo Consciente Arbore, S. Coop.Galega é unha sociedade cooperativa de consumo enmarcada nun proxecto sociocultural baseado nos principios da economía social, ecolóxica e solidaria localizada en Vigo

Cooperativa Eirado

Eirado é unha sociedade cooperativa galega de consumo responsábel localizada en Santiago de Compostela.

O Bandullo Ecolóxico

Asociación de consumo de Lugo

Semente

Asociación de consumo responsábel de Ourense entre cuxos fins figura estender a cultura agroecolóxica dende o noso ámbito máis próximo, tendo como referentes principais a autoorganización social, o desenvolvemento sustentable, a soberanía alimentaria, a democracia participativa, a xustiza social e a paz, e crear redes de comunicación directa entre produtores/as e consumidores/as.

Proxecto Amorodo

Amorodo é unha iniciativa dos Concellos de Brión, Ames, Rois e Dodro (A Coruña) e ten por obxecto o fomento sustentable da produción e do consumo de alimentos sans desde o ámbito local e mediante un proceso de formación e práctica que integre sectores como a xuventude e as mulleres do rural, ademais de promover o compromiso e a participación doutros colectivos susceptibles de interviren no desenvolvemento sostible deste espazo xeográfico. Persegue, ademais, o establecemento dunha relación directa entre o produtor e o consumidor, unha forma de volver aos mercados tradicionais garantindo a calidade dos produtos.

Zocamiñoca

Zocamiñoca é unha cooperativa de consumo responsable na cidade da Coruña, aínda por constituír. Unha entidade sen ánimo de lucro, un proxecto de economía social no que as persoas somos o máis importante.

contacto: zocaminhoca(a)gmail.com

Agrelar

Defínense como un grupo de persoas comprometidas coa transformación do mundo onde vivimos. Persoas que seguen pensando que outro mundo é posible, e que entre todos e todas podemos conseguilo. Un grupo que se define como “responsable”, porque pretende manter unha forma de consumo consciente e respetuosa co medio, incluídas as persoas que vivimos nel.

Podes contactar con eles en agrelar(a)agrelar.net

Panxea

Naceu coma asociación sen ánimo de lucro para o comercio xusto e solidario en Santiago de Compostela no ano 1995. En febreiro do 2010 constituíuse como Cooperativa de Consumidores e Consumidoras e xa agrupa máis de 50 unidades de consumo. Os espazos principais da súa actividade son a sensibilización e a participación activa en iniciativas de economía alternativa, social e solidaria, especialmente as relacionadas co Comercio Xusto e o Consumo Responsábel, dende a perspectiva da Soberanía Alimentar.

Podes contactar con eles en panxea(a)panxea.org

Coñeces algunha iniciativa deste tipo? Fainolo saber e a incluiremos nesta páxina