Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Thursday
Feb 09th
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Enerxía Enerxía - Multimedia Xares, o río que nos leva

Xares, o río que nos leva

Avaliación do usuario: / 2
RuínMellor 

xares_o_rio_que_nos_levaXares, o río que nos leva” é un documental de Pedro Prada no que son protagonistas os veciños e veciñas de Alberguería (A Veiga-Ourense), poboación que desapareceu en 1958 baixo as augas do encoro hidroeléctrico de Prada, no río Xares (subafluente do Sil). Unha historia de despoxo, de emigración, de destrución ambiental, que se reproduciu en moitos lugares do país despois da Guerra Civil. Entre os anos 1941 e 1962 a capacidade galega de produción eléctrica multiplicouse por trinta e outro grazas á construción de encoros como o de Prada. Soportando enormes custos sociais e ambientais, Galiza contribuiu así á industrialización do resto do Estado español (en 1962, exportábase o 75% da electricidade xerada).

Fonte: Blog Cos pés na Terra