Consomes ou Devoras? Consumo responsábel, xusto e ecolóxico

Saturday
Feb 04th
Text size
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Enerxía Alternativas 24 colectivos sociais unidos contra a mudanza climática

24 colectivos sociais unidos contra a mudanza climática

Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 

coalicionclimajpgCoalición Clima é unha plataforma cidadá que reúne a 24 organizacións sociais e ambientais que, alertadas pola crecente dimensión e preocupación pola mudanza climática, decidiron unirse para dar unha resposta global a través da conscienciación cidadá e a presión política.

Fan parte dela, ademais de Adena, Greenpeace, Ecologistas en Acción, Amigos de la Tierra, SEO/Birdlife, CCOO, Intermón-Oxfam, Fundación IPADE, Ayuda en Acción, Manos Unidas, Movimiento por la Paz, Coordinadora de ONGD e Asociación Globalízate. Tamén Científicos por el medio Ambiente (CIMA), Red de Universidades por el Clima, Coordinadora Estatal de Ciencias Ambientales, Red de Economía Ecológica e Asociación para el Fomento de Iniciativas Locales Sostenibles. Por parte das organizacións de consumidores, OCU, ADICAE, FUCI, CECU, ASGECO e HISPACOOP.

A primeira acción desta nova coalición foi pedir unha reunión ao presidente do Goberno e aos ministros con interese no quecemento global para lles achegar propostas concretas.

A súa actuación, ademais, vai ir dirixida cara á denuncia pública das actuacións ou as medidas que supoñan un retroceso na loita contra mudanza climática. Coalición Clima fíxase catro obxectivos xerais básicos para frear a mudanza climática e paliar os seus efeitos:
- Eficacia para frear e reverter o fenómeno, sustentada en límites de emisións contaminantes ambiciosos
- Equidade no reparto de esforzos na loita contra
a mudanza climática e unha adaptación aos seus efeitos que ataque as raíces da pobreza.
- Sustentabilidade, modificando o modelo de desenvolvemento desde as súas bases enerxéticas.
- Austeridade e racionalidade para atinxir a todos os niveis un consumo responsábel. Vivir con menos para vivir mellor.